Nova folga no comercio téxtil e de calzado en Galicia o vindeiro luns, coincidindo con outra reunión da mesa de negociación do convenio estatal. A CIG convoca un paro de 24 horas este 27 de abril para rexeitar un convenio que "empeora as condicións laborais e elimina dereitos contemplados nos convenios provinciais". O sindicato nacionalista e UGT rexeitan o preacordo asinado por CCOO e Fetico coa patronal ARTE.