Bota a andar De Norte a Sul, un novo xornal "que quere unir a Galiza e Portugal nun espazo mediático común", segundo destaca na súa presentación. Está dirixido polo xornalista do Porto e profesor universitario Luís Loureiro. O proxecto inclúe noticias xerais, ciencia, cultura e deporte, "ofrecendo unha visión integrada do que acontece entre a Coruña e Lisboa"