Falece aos 96 anos Carlos Mella, economista e figura clave no inicio da autonomía como vicepresidente económico do goberno de Albor con AP e integrante de Coalición galega e do PNG, mais tamén como autor de libros que analizaron e fixeron crónica política desa transcendental época, caso de Non somos inocentes. Mella estivo, asemade, vencellado a diversas iniciativas galeguistas no ámbito cultural, caso da presidencia da Fundación Castelao, e foi candidato do BNG nas eleccións europeas de 1994. [Imaxe: CC BY-SA Santos Díez /Ollo de Vidro-ACAB]