As negociacións polo convenio estatal no comercio téxtil e do calzado continuarán a vindeira semana logo da xuntanza mantida hoxe en Madrid. O preacordo, asinado entre a patronal ARTE e mais CCOO e Fetico, ergueu importantes protestas en Galicia da man da CIG e de UGT, que defenden a vixencia dos convenios provinciais e rexeitan un a nivel de Estado que, denuncian, empeoraría as condicións laborais e salariais das dependentas no país. Na imaxe, delegadas da CIG protestan este luns ante a sede de Inditex en Arteixo.