Luis Bárcenas confirma que encargou a outro presidiario destruír unha gravación de audio de Mariano Rajoy sobre a caixa B do PP e ratifica, asemade, que nas súas notas a referencia "M.R." se refería ao ex-presidente do Goberno de España. O ex-tesoureiro dos populares compareceu este luns como testemuña no xuízo da Operación Kitchen, a operación parapolicial presuntamente encamiñada a destruír probas do caso Gürtel utilizando medios do Estado, na que o ex-ministro Jorge Fernández Díaz está entre os principais acusados.