O ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez pide por carta ao Deportivo que non cambie o nome do club e desbote usar o topónimo oficial e en galego. "Non caben intereses políticos que alteren a condición de club de todos", di o ex-rexedor na misiva enviada á entidade branquiazul.