Un informe técnico do Ministerio de Sanidade conclúe que "non existe evidencia científica que avale a eficacia da homeopatía" contra ningunha enfermidade. "Non supera a do placebo", sinala o documento, que indica que a homeopatía se sustenta en "postulados que desafían o pensamento científico e racional" e que os seus produtos, alén de non ser eficaces, teñen riscos tanto por posibles "reacción adversas graves" como, sobre todo, por poderen implicar o "abandono ou atraso de tratamentos médicos con eficacia demostrada". Na imaxe, produtos homeopáticos [CC BY Javier Mediavilla]
- HEMEROTECA | Feijóo esquiva a homeopatía na nova lei de farmacias: “Non me atrevo a confirmar se é un produto sanitario”
- HEMEROTECA | "Administración e colexios profesionais manteñen unha grande inacción ante as falsas medicinas"
- HEMEROTECA | "Non sabemos a que vén a polémica coa homeopatía; se fose útil, incorporaríase ao Sergas"
- HEMEROTECA | "Os movementos antivacinas están baseados exclusivamente na fe"