A plataforma Eólica Así Non convoca unha manifestación en Compostela para o vindeiro domingo 5 de xuño, Día do Medio Ambiente. Baixo o lema “Temos Alternativa!”, a marcha reclama "un modelo enerxético xusto e sustentable" e "unha enerxía por e para o pobo". Denuncian que "o actual modelo de transición enerxética só responde aos intereses das grandes corporacións, apostando polo espolio do territorio, a fragmentación de hábitats, a perda de biodiversidade e por unha produción intensiva e centralizada da enerxía"
