O PP volve apoiar a Jácome e rexeita pedir a súa dimisión por agredir unha sindicalista. Os populares rexeitaron sumarse á reprobación do alcalde de Ourense promovida por PSdeG e BNG no pleno da Deputación e limitáronse a cualificar de "erro" o incidente, tale como advertira o presidente do ente provincial hai unhas semanas.
