Baiuca versiona o coñecido tema de Leilía "Verde - Gaio" e convérteo en "Vai tu", unha canción que xa puideron escoitar quen asistiu aos concertos da súa xira Embruxo, e que agora está dispoñible nas plataformas dixitais. O músico e produtor de Catoira mantén as voces orixinais das Leilía e mestura os sons da música tradicional co indie dance ou o acid house para conseguir ese son da folktrónica que o caracteriza. A portada é unha obra orixinal do artista plástico Nicasio Torres.
Fálase
Feijóo proclama a súa intención de derrogar diversas leis aprobadas polo Congreso na presente lexislatura estatal se chegase a gobernar en España porque, defende, son "imposicións dunha minoría" e, ao xuízo do ex-presidente e actual líder do PP, carecen de "apoio social". A lexislación que sae adiante nas Cortes Xerais precisa de máis votos favorables que negativos en todo caso e, nas leis orgánicas, de maioría absoluta. Na imaxe, Feijóo con Rueda nun acto do PP o pasado 29 de abril no Pino.
- HEMEROTECA (2018) | Feijóo carga contra o sistema parlamentario vixente porque "é igual gañar que perder"
- HEMEROTECA (novembro 2022) | Feijóo formulou catro iniciativas en medio ano como senador polo Parlamento, ningunha sobre Galicia
Nova cita para o xuízo rápido a Baltar por conducir a 215 km/h o coche oficial. A xuíza da Pobra de Seabra desbota os recursos formulados polo avogado do presidente da Deputación e do PP de Ourense, "nos que solicitaba a suspensión do sinalamento e a nulidade das actuacións", e cítao para este xoves ás 9 da mañá "de maneira presencial ou telemática", segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León.
O PP di que os usuarios valoraron cun 7 a puntualidade dos buses no último ano, o que supón un empeoramento a respecto do 7,5 que publicitou a Xunta hai un ano. O portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, defende a calidade do servizo en función das “máis de mil enquisas que se realizaron ao longo do último ano”, mentres que en xuño do pasado ano a propia Xunta divulgara resultados mellores con 13.000 enquisas.
O Constitucional avala a lei do aborto do Goberno de Zapatero trece anos despois. A norma foi apoiada por unha maioría de sete maxistrados fronte a catro.
- Saúde menstrual, interrupción do embarazo e violencias reprodutivas: as claves da nova lei de saúde sexual
- Feijóo di ver "correcta" a lei do aborto agora avalada polo Constitucional, cuxa derrogación apoiou dende a Xunta
- Feijóo foi pioneiro en protexer por lei as teses antiabortistas: 13 anos de abeiro da Xunta á 'Red Madre'
Baltar forza o adiamento do seu xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria por circular a 215 km/h co coche oficial. Despois de que o xulgado da Pobra de Seabra rexeitase o aprazamento solicitado polo seu avogado e o instase a comparecer a través de internet esta mesma mañá, o letrado non se presentou tampouco por esta vía, o que obrigou a suspender o proceso contra o presidente da Deputación e do PP de Ourense e a fixar unha nova data, segundo confirma o Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León.
- AMPLIAMOS 👉 Baltar logra adiar o seu xuízo rápido por ir no coche oficial a 215 km/h e Jácome denuncia que o espían
- O exceso de velocidade de Baltar e os audios comprometedores de Jácome axitan a batalla do 28M en Ourense
- Baltar xa non responde por ir a 215 km/h e PSdeG e BNG apelan ao electorado do PP ourensán para desaloxalo
O xulgado da Pobra de Seabra non acepta adiar o xuízo rápido a José Manuel Baltar como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir o coche oficial da Deputación de Ourense a 215 por hora. O avogado do presidente da institución e do PP ourensán alegou que tiña fixada unha vista por outro caso con anterioridade, pero a xuíza estima que pode comparecer igualmente "ao longo da mañá deste martes" a través de internet, segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Castilla y León. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Sanxenxo promove un novo paseo marítimo de 380 metros e 900.000 euros para o que haberá que cortar 30 piñeiros. O proxecto, a información pública, quere construír unha pasarela entre a praia de Silgar e Punta Vicaño, onde xa hai un miradoiro ao que se pode acceder por outro lugar máis afastado do mar.
Adiado o xuízo rápido no que José Manuel Baltar tiña que comparecer este martes na Pobra de Seabra como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir o coche oficial da Deputación de Ourense a 215 por hora. O avogado do presidente da institución e do PP ourensán alegou que tiña fixada unha vista por outro caso con anterioridade, polo que procede a suspensión. O xulgado debe fixar agora unha nova data
- 🔴ACTUALIZACIÓN | O xulgado da Pobra de Seabra non acepta adiar o xuízo rápido a Baltar e terá que comparecer hoxe a través de internet
- O exceso de velocidade de Baltar e os audios comprometedores de Jácome axitan a batalla do 28M en Ourense
- Baltar xa non responde por ir a 215 km/h e PSdeG e BNG apelan ao electorado do PP ourensán para desaloxalo
28M | O xornal La Región divulga novos audios do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nos que, segundo o xornal, o líder de DO e candidato á reelección "admite que xestiona diñeiro negro e se gaba de saber branquealo". Ao tempo, unha enquisa publicada polo mesmo xornal sitúa a PP e PSdeG ao bordo do empate técnico como primeira forza da vindeira corporación municipal, na que o partido de Jácome podería volver ser determinante.
- AMPLIAMOS 👉 O exceso de velocidade de Baltar e os audios comprometedores de Jácome axitan a batalla do 28M en Ourense
- HEMEROTECA | Rueda ve "tempo perdido" para Ourense o mandato de Jácome, a quen o PP deu a alcaldía
- HEMEROTECA | O PP pide a dimisión de Jácome na alcaldía de Ourense tras entregarlla e propiciar que seguise no posto