Greenpeace sinala Pontevedra como "exemplo a seguir" co gallo do Día das Cidades e demanda "urbes a medida das persoas e non dos coches" na presentación do documental 'REinventando Pontevedra', no que fai fincapé na redución a cero dos atropelos mortais, a redución da contaminación e as facilidades para realizar desprazamentos a pé. A entidade pide ao resto de cidades aplicar medidas semellantes aproveitando a posta en marcha das Zonas de Baixas Emisións
Fálase
Lula da Silva volverá ser presidente do Brasil tras impoñerse ao ultradereitista Jair Bolsonaro na segunda volta das eleccións presidenciais polo 50,9% dos votos. Na fin do escrutinio, Lula logra 60,3 millóns de sufraxios fronte a 58,2 millóns obtidos polo ata agora presidente brasileiro.
Treixadura chora a morte de Antón Cabaleiro, integrante do grupo. "Non hai palabras que reconforten a alma", sinalan na nota na que confirmaron o seu pasamento. "Quédanos darlle grazas á vida por ternos ofrecido a compaña dun home tan entrañable, por ternos permitido gozar de tantas horas de viaxes, de anécdotas e da túa calor. Sentímonos orgullosos de ti, que es parte dos bos e xenerosos", engaden. As mostras de condolencia polo falecemento de quen tamén fora integrante d'A Roda chegaron dende diversas voces da música e da cultura galega e tamén por parte do PSdeG, formación pola que fora concelleiro en Redondela [Imaxe: © Treixadura]
As pementeiras de Padrón, a gandeira e sindicalista María Isabel Liñares, a maxistrada Paz Filgueira e a xornalista e xefa de informativos de Radio Galicia - Cadena SER, Aida Pena, foron galardoadas este sábado pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur - Galicia) dentro dos seus actos para celebraren o Día da Muller Rural, que se conmemora cada 15 de outubro. "O avellentamento, a falla de relevo xeracional no sector primario e as carencias en servicios do rural" centraron o acto, celebrado no Palacio de Congresos de Galicia, en Santiago.
O Concello de Viveiro celebrou este sábado o nomeamento do atleta Adrián Ben como fillo predilecto en recoñecemento "aos seus valores humanos e profesionais" como "figura do atletismo", "demostra o seu sexto posto no Mundial de Doha en 2019 e a histórica quinta praza que acadou nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2021 na modalidade de 800 metros lisos". A alcaldesa viveirense, María Loureiro, sinala que "a participación de Adrián Ben nos Xogos Olímpicos foi unha luz ao final do túnel que encheu de ilusión as nosas rúas e os nosos fogares" tras o peor da pandemia. [Imaxe: © Concello de Viveiro]
Este sábado desenvólvese na Coruña a segunda xornada do XXI Simposio da Rede Renda básica. As sesións desenvólvense no paraninfo da Universidade da Coruña e pódense seguir tamén ao vivo a través de internet. Dúas delas están moderadas por María Yáñez, directora de VINTE (Renda Básica e cultura como proxecto de vida), e mais por David Lombao, director de Praza.gal (A renda ou a vida: conversa sobre Renda Básica). Praza colabora coa organización deste simposio.
A ponte de Todos os Santos principia este sábado en Galicia con avisos amarelos por chuvia e vento nas provincias da Coruña e Pontevedra e boa parte do litoral Atlántico, así como na Mariña e en áreas montañosas de Lugo e Ourense, segundo informa MeteoGalicia
A Xunta asegura que “nunca” apoiará “a supresión de servizos” ferroviarios en Galicia tras xustificar a que Rajoy aplicou en 2013. Hai unha década o Goberno de Feijóo considerou o peche de estacións e a desaparición de trens un “axuste” ou “racionalización” de servizos.
A CIG volve denunciar, como xa fixera CSIF, a demora de máis de sete anos da Xunta en suprimir un ente paralelo, que está supoñer máis soldo para a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
O PP volve bloquear a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que leva catro anos con mandato caducado. A dirección de Feijóo alega que agora o fai porque o Goberno de España pretende diminuír as condenas por sedición e o PSOE coida que o ex-presidente da Xunta atende os ditados da "dereita máis reaccionaria" para manter o bloqueo deste poder do Estado. Coa actual normativa, a participación dos conservadores é imprescindible nesta renovación. Na imaxe, Pedro Sánchez recibe a Feijóo na Moncloa o pasado 10 de outubro para tratar a renovación do Poder Xudicial despois da dimisión do presidente do Consello, Carlos Lesmes. [© Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]