Na novena xornada de folga do persoal da CRTVG, na que de novo se "paralizou" a emisión de O Termómetro -o programa matinal encargado a unha produtora externa-, a xornalista Tereixa Navaza achegouse á concentración convocada ás portas da sede da radiotelevisión pública para "trasladarlles folgos e louvar a dignidade desta loita en defensa dos medios públicos".
