EPA | A poboación ocupada en Galicia ascende ata os 1,16 millóns de persoas, 23.800 máis que no segundo trimestre e 16.000 máis que un ano antes, o que supón a cifra máis elevada dende comezos de 2009, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa que veñen de ser publicados. No último trimestre a poboación en situación de desemprego caeu en Galicia ata as 112.500 persoas, isto é, 7.300 menos que no trimestre previo e 6.200 menos que un ano antes. O total de poboación no paro é o máis baixo dende a fin do verán de 2008. Máis información, hoxe en Praza.gal.
