O conselleiro Calvo afirma que a Xunta reactivará a petición ao Estado para traspasar as competencias sobre meteoroloxía o que permitiría, por exemplo, que as alertas dependesen de MeteoGalicia e non da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Este fora un dos traspasos pendentes que xa comezara a negociar o Goberno de coalición PSdeG-BNG (2005-2009) e que os populares dixeran asumir en 2009 tras regresar á Xunta, se ben anos despois optaran por desbotalo. O anuncio prodúcese nun contexto no que o Goberno galego suma xa 16 anos sen obter novas competencias e mentres tamén, previsiblemente, nesta lexislatura acabarán sendo transferidas as da xestión do litoral tras recibir o aval do Constitucional ao respecto. Na imaxe, Calvo e outros cargos da Consellería de Presidencia, este xoves presentando no Parlamento os orzamentos do departamento. [CC-BY-SA Xunta]
