O PP de Bueu abstense na reprobación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, polo Pleno municipal polo mal trato dado á veciñanza da illa de Ons. No Pleno a presidenta da Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons reclamou "un acceso digno para as nosas casas" e remarcou o "trato denigrante da conselleira cara nós, pois nin tan sequera quere sentar a falar". Na imaxe, da Xunta, a conselleira nunha visita a Ons hai uns días. .
