A folga na CRTVG interrompe a emisión d'O Termómetro na Televisión de Galicia en 28 dos 65 programas contratados. Unha nova xornada de paros impide a programación normal na TVG e concentra as traballadoras e traballadores ás portas da sede do ente público. No calendario desta folga indefinida teñen previsto parar as 24 horas o venres 13 de decembro, coincidindo co último programa d'O Termómetro contratado. [📸 CC-BY-SA Comité de folga da CRTVG]
