O Tribunal Constitucional aborda o luns o recurso do Concello de Pontevedra contra a sentenza do Supremo que avalou a prórroga de Ence. A Sala Segunda do Tribunal de Garantías incluíu o caso entre os "asuntos para resolver por sentenza" na sesión deste 16 de novembro, coa maxistrada Inmaculada Montalbán como relatora. En 2023 o Supremo corrixiu a sentenza da Audiencia Nacional que en 2021 anulara a prórroga concedida polo Goberno de Rajoy en funcións para que a celulosa puidese continuar á beira da ría ata 2073. [Imaxe: © Ence]
- HEMEROTECA | A pugna sobre a permanencia de Ence na ría, camiño do Constitucional e da UE tras o aval definitivo do Supremo
- HEMEROTECA | O Tribunal da UE advirte de que prórrogas como a de Ence deben saír a concurso público
- HEMEROTECA | O ex-ministro Caamaño e un ex-presidente da Audiencia Nacional, no equipo co que Pontevedra busca anular a sentenza de Ence
- HEMEROTECA | A ría de Pontevedra, ata 115 anos xunguida a Ence coa blindaxe do PP que agora avala o Supremo