Greenpeace planta unha cheminea de cinco metros na sede central da Xunta para "esixir que se paralice o proxecto da celulosa de Altri". En vésperas da mobilización do vindeiro domingo e "ante a falta de reposta do presidente da Xunta a reunirse coa organización", o colectivo ecoloxista bloquea os accesos a San Caetano para reclamar "unha declaración ambiental desfavorable" e animar a acudir á protesta do día 15 en Compostela. [Imaxe: © Greenpeace/Pedro Armestre]
