Milleiros de persoas responden á convocatoria de Ulloa Viva e a APDR para arrodear a sede central da Xunta en rexeitamento á fábrica de Altri en Palas de Rei.
- AMPLIAMOS | CRÓNICA E GALERÍA 👉 Berro masivo contra Altri ás portas da Xunta
Milleiros de persoas responden á convocatoria de Ulloa Viva e a APDR para arrodear a sede central da Xunta en rexeitamento á fábrica de Altri en Palas de Rei.
🏳️🌈Vigo e Pontevedra pecharon este sábado as mobilizacións galegas polo Día do Orgullo LGBTI+. Na imaxe, a masiva manifestación viguesa do Orgullo Crítico, na que os colectivos alertaron de posibles retrocesos en dereitos conquistados e advertiron: "Se atacan a unhe, respostamos todes". [Imaxe: CC BY-NC-SA BNG Vigo]
O PP pecha máis a porta á moción de censura para desbancar a Jácome en Ourense ao considerar "absurdo" que a alcaldía sexa para o PSdeG por ter "só seis edís". Así o afirma o líder provincial do partido, Luis Menor, en declaracións a La Voz de Galicia. No pasado mandato, os populares entregaron o bastón de mando a Democracia Ourensana malia ser a terceira forza da corporación. A socialista Natalia González conta con 10 votos a prol para ser alcaldesa (os socialista e 4 do BNG), tantos coma os que ten DO, pero a clave da operación pasa polos 7 votos do PP, segunda forza do concello. Na imaxe, Menor e Jácome durante unha xuntanza o pasado abril [© Deputación de Ourense]
Leilía, Borja Golán, Maite Isla (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), Amancio López Seijas e o colectivo médico Asomega reciben a Medalla Castelao de mans do presidente da Xunta. O Goberno galego entrega o galardón cadrando co aniversario do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía e tamén coa data do regreso dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a Galicia. Na imaxe, Rueda e o conselleiro Calvo coas persoas galardoadas, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres. [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
O primeiro debate presidencial dos EUA evidencia as limitacións de Biden e as mentiras de Trump. O actual presidente estadounidense e aspirante á reelección dispara as alarmas no Partido Demócrata e as voces que claman por unha candidatura alternativa tras un encontro televisivo na CNN marcado polas súas pausas, dúbidas e lagoas mentres o ex-mandatario e novamente candidato republicano faltaba á verdade en aspectos como as políticas migratorias ou o asalto ao Capitolio, entre outros aspectos. [Imaxe: © Retransmisión CNN]
Castelao, nacionalista galego. Un facsímile recupera o histórico texto de Uxío Novoneyra no cuadraxésimo aniversario da traída dos restos do político e artista a Galicia. O volume, presentado este xoves ante o Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, publícase acompañado por un estudo histórico de Miguel Anxo Seixas e unha carta na que Tereixa Navaza relata como viviu aquela histórica xornada, retransmitindo o acto e as manifestacións da xornada para RTVE Galicia. Na imaxe, representantes das fundacións que impulsan a publicación, na presentación xunto ao secretario xeral da Lingua, Valentín García.
O xuízo polo crime de Samuel Luiz comezará o 16 de outubro na Audiencia Provincial da Coruña, no que supón un aprazamento en relación á data inicialmente prevista do 13 de setembro.
O PSdeG de Ourense confirma a Natalia González como candidata á alcaldía nunha eventual moción de censura contra Jácome. A edil socialista contaría xa con 10 votos, os 6 do seu grupo e mais os 4 do BNG, polo que a posibilidade de desbancar a DO (10 edís) do goberno ourensán fica nas mans do PP (7 edís). "Estamos chamadas a ser exemplo de que a política é un instrumento útil para cambiar a vida da xente e que a cultura do diálogo e o consenso polo interese público, superando as nosas diferenzas, é o camiño para poder volver a confiar nun futuro mellor para a terceira cidade de Galicia", sinalan. [Imaxe: PSdeG]
Activistas de Greenpeace despregan unha faixa coa mensaxe 'Altri Non' na fachada da Catedral de Santiago. Este domingo está convocada unha manifestación en Compostela, ante a sede da Xunta, que busca "arrodear San Caetano". Hai dúas semanas o buque de Greenpeace Arctic Sunrise estivo na ría de Arousa, onde foi recibido cunha manifestación marítima, e acolleu debates e encontros con entidades sociais nos que se visibilizou o rexeitamento ao proxecto de celulosa de Altri.
Ana Peleteiro alerta en vésperas dos Xogos Olímpicos de que "en Europa hai unha corrente fascista que gañou moito poder": "A xente que temos un altofalante temos que falar para que a xente sexa consciente", agrega a atleta ribeirense nunha entrevista con RTVE, na que aborda os comentarios racistas que ela tamén sofre e, sobre todo, pon o foco no seu reto de obter o ouro olímpico en París: "Téñoo na cabeza cada día". [Imaxe: © RTVE]