O xuízo polo crime de Samuel Luiz comezará o 16 de outubro na Audiencia Provincial da Coruña, no que supón un aprazamento en relación á data inicialmente prevista do 13 de setembro.

O xuízo polo crime de Samuel Luiz comezará o 16 de outubro na Audiencia Provincial da Coruña, no que supón un aprazamento en relación á data inicialmente prevista do 13 de setembro.
O PSdeG de Ourense confirma a Natalia González como candidata á alcaldía nunha eventual moción de censura contra Jácome. A edil socialista contaría xa con 10 votos, os 6 do seu grupo e mais os 4 do BNG, polo que a posibilidade de desbancar a DO (10 edís) do goberno ourensán fica nas mans do PP (7 edís). "Estamos chamadas a ser exemplo de que a política é un instrumento útil para cambiar a vida da xente e que a cultura do diálogo e o consenso polo interese público, superando as nosas diferenzas, é o camiño para poder volver a confiar nun futuro mellor para a terceira cidade de Galicia", sinalan. [Imaxe: PSdeG]
Activistas de Greenpeace despregan unha faixa coa mensaxe 'Altri Non' na fachada da Catedral de Santiago. Este domingo está convocada unha manifestación en Compostela, ante a sede da Xunta, que busca "arrodear San Caetano". Hai dúas semanas o buque de Greenpeace Arctic Sunrise estivo na ría de Arousa, onde foi recibido cunha manifestación marítima, e acolleu debates e encontros con entidades sociais nos que se visibilizou o rexeitamento ao proxecto de celulosa de Altri.
Ana Peleteiro alerta en vésperas dos Xogos Olímpicos de que "en Europa hai unha corrente fascista que gañou moito poder": "A xente que temos un altofalante temos que falar para que a xente sexa consciente", agrega a atleta ribeirense nunha entrevista con RTVE, na que aborda os comentarios racistas que ela tamén sofre e, sobre todo, pon o foco no seu reto de obter o ouro olímpico en París: "Téñoo na cabeza cada día". [Imaxe: © RTVE]
Ampla condena internacional ao intento de golpe de Estado en Bolivia, que o goberno de Luis Arce logrou sufocar. O xeneral que encabezou o levantamento militar, Juan José Zúñiga, xa foi detido. Na imaxe [© Goberno de Bolivia], Arce dirixíndose á multitude en La Paz para agradecer o apoio ante a tentativa golpista.
A Audiencia Provincial de Pontevedra ordena indemnizar con 15.000 euros a Laureano Oubiña por vulnerar o seu dereito á intimidade nunha escena sexual da serie 'Fariña', baseada no libro de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia e producida por Bambú e Atresmedia e Netflix. A xustiza entende que esa escena coa súa falecida segunda esposa non está xustificada "pola liberdade creativa innegable dos creadores e produtores" e falla a favor de eliminar esas imanes das plataformas nas que aínda se pode ver a serie. Os maxistrados non estiman o resto das peticións de Oubiña contra a serie na súa sentenza, contra a que cabe interpoñer recurso. [Na imaxe © Netflix, Carlos Blanco interpretando a Oubiña en 'Fariña' e Javier Rey como Sito Miñanco]
Vinte en Vilalba. «Aquí ves futuro porque o hai». A capital da Terra Chá é a primeira parada de Vinte na vila, o novo espazo de VINTE concibido para contarnos máis e mellor a nós mesmas e entre nós
Acordo PSOE-PP para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial tras máis de cinco anos de bloqueo. Ambas formacións pechan o pacto coa intermediación da Comisión Europea, que vén urxindo o desbloqueo, e acordan tamén tramitar unha reforma legal no Congreso en materia de "independencia" xudicial, así como nomear un novo membro do Constitucional a proposta dos populares. Entre as incorporacións ao órgano de goberno da xudicatura estará José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo de Galicia a proposta do PP dende 2014. Na imaxe, sede do Consello do Poder Xudicial, que agora é renovado
Bichara Khader, profesor e experto en relacións euro-árabes, é recibido polo Concello de Santiago e presenta o seu libro Palestina, a traxedia permanente ás 18 horas deste martes na Facultade de Xeografía e Historia. O libro foi editado en galego polo Igadi, organizador de varios actos con Khader en Santiago en colaboración coa USC e a Fundación Araguaney.
O pleno do Concello de Santiago aproba a ordenanza que completa a limitación de pisos turísticos cos votos en contra do PP. O grupo municipal socialista no Concello anunciou no pleno que votaría a favor, en contra da dirección marcada polo partido en Compostela, e uniuse á proposta de BNG e Compostela Aberta. “Hoxe decidimos ser leais e consecuentes. Leais coa cidade, cos veciños, co que defende o PSOE en España e en Galicia e co que defendemos sempre estes concelleiros. Debemos ser consecuentes co que fixemos e coherentes co que dicimos”, defendeu a concelleira socialista Mercedes Rosón.