O PSdeG de Ourense confirma a Natalia González como candidata á alcaldía nunha eventual moción de censura contra Jácome. A edil socialista contaría xa con 10 votos, os 6 do seu grupo e mais os 4 do BNG, polo que a posibilidade de desbancar a DO (10 edís) do goberno ourensán fica nas mans do PP (7 edís). "Estamos chamadas a ser exemplo de que a política é un instrumento útil para cambiar a vida da xente e que a cultura do diálogo e o consenso polo interese público, superando as nosas diferenzas, é o camiño para poder volver a confiar nun futuro mellor para a terceira cidade de Galicia", sinalan. [Imaxe: PSdeG]
