"Benvido a illa da estabilidade, un paraíso onde a calma e a beleza conviven en harmonía. Un sitio seguro onde a xente ten sentidiño fronte outros sitios de España onde o barullo é protagonista. Illa de estabilidade é o destino ideal para o teu voto. Viaxa cara un futuro cheo de posibilidades. Reserva a túa viaxe o 18 de febreiro". A Xunta Electoral considera que o PP vulnerou a lei electoral co vídeo difundido polas redes sociais no que se insire este texto por consideralo "publicidade ou propaganda electoral" previa ás datas oficiais da campaña. A XEG estima a denuncia do PSdeG e ordena a retirada das redes sociais do citado vídeo, pero non aprecia motivos suficientes para sancionar o PP.
