A Xunta di que ten “a intención” de celebrar o xuízo de Angrois na Cidade da Cultura pero non aclara por que aínda non llo comunicou ao xulgado, o que ten “paralizado” o proceso. Este mércores o xulgado urxiu por segunda vez ao Goberno galego a que lle indique o lugar da vista, e agora a Xunta di que o comunicará “en breve”, pero non aclara por que non o fixo ata agora.
