Unha decena de colexios profesionais de xornalistas súmase aos chamamentos a participar na mobilización Por unha CRTVG ao servizo do pobo convocada polo comité intercentros dos medios públicos e medio cento de colectivos para o vindeiro 6 de novembro en Santiago. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e os seus homólogos noutras nove autonomías sinalan que a manifestación persegue obxectivos longamente reivindicados por estas entidades profesionais, tales como que os medios públicos ofrezan "información libre e ao servizo dos valores democrático" e non sometida "aos intereses políticos de quenda". Na imaxe, presentación da mobilización do 6 de novembro.
