Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o presunto asasino de Rejane Soares, a quinta vítima mortal das violencias machistas en Galicia este ano. A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro investígao por un delito de asasinato. O acusado de matar supostamente a súa parella o pasado mércores no fogar que compartían en Viveiro cumprirá a privación de liberdade no hospital de Lugo ata que reciba a alta médica polas lesións que se provocou tras acabar coa vida da muller, para despois ser trasladado a un centro penitenciario. [📸 Concello de Viveiro]
