A clientela da Caixa Rural Galega poderá retirar e ingresar cartos nas oficinas de Correos. A empresa estatal chega a un acordo co grupo do que fai parte a entidade cooperativa galega (Banco Cooperativo) para acceder ao servizo denominado Correos Cash contra a exclusión financeira presentando o documento de identidade e "os catro últimos díxitos do número de conta ou da tarxeta". Na imaxe, unha sucursal da Caixa Rural Galega en Outeiro de Rei. [CC BY-NC-SA Praza.gal]
- HEMEROTECA | Caixa Rural Galega dispara beneficios ata os 21 millóns con novo récord de depósitos, crédito e persoal
- HEMEROTECA | "Os mozos saben disto, pero a ver se saben sachar": maiores de Lousame aprenden a usar o caixeiro que subvenciona a Xunta
- HEMEROTECA | Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974
- EN VINTE | Vinte na vila, un proxecto da Fundación Praza Pública co apoio da Caixa Rural Galega