O Parlamento aproba definitivamente os Orzamentos da Xunta para 2025, dotados con algo máis de 15.000 millóns de euros, case un 4% máis que o ano previo. Vivenda e débeda protagonizan as subas nas contas públicas do ano vindeiro, que caen en ciencia. O proxecto orzamentario recibiu os votos a prol da maioría absoluta do PP e a abstención do deputado de Democracia Ourensana; tanto BNG como PSdeG votaron en contra.
