Esgotado o Bono Cultura da Xunta pouco despois de abrir o prazo para solicitalo, a pasada medianoite. Testemuños de solicitantes que tentaron acceder a el despois da 1 da pasada madrugada apuntan a que xa non o lograron, polo que a que axuda de 50 euros para adquirir produtos e servizos culturais ficou esgotada en apenas unha hora, segundo confirma a propia Xunta. O Goberno galego ofrecía 20.000 destes vales para a iniciativa, á que ata este 1 de novembro xa se adheriran unhas 400 empresas, segundo datos da Consellería. As bases do bono fixan que a súa concesión está rexido por un sistema de concorrencia non competitiva, o que implica que se adxudican por orde de solicitude.
