MeteoGalicia activa para a tarde deste martes avisos laranxas pola calor no Baixo Miño e no interior ourensán e amarelos no sur das provincias de Lugo e Ourense, no interior da Coruña e nas Rías Baixas. Faino tras un luns moi caloroso en practicamente todo o país agás na Mariña; Leiro, con 38,7 graos, rexistrou a temperatura máis elevada. Ourense (37,8), Remuíño (37,6) e Salceda de Caselas (36,8) destacan tamén nun mapa da calor no que hoxe se volverán superar os 35 graos en gran parte da metade sur.
- HEMEROTECA | Galicia vive o terceiro xaneiro máis cálido en 60 anos en plena campaña para vendela como "refuxio climático"
- HEMEROTECA | A Xunta presenta o cambio climático como unha oportunidade para o turismo en Galicia
- HEMEROTECA | Dos 25,5 graos na Mariña aos 37,5 en Ourense: cando a calor fai saltar a alerta sanitaria
