O Concello de Santiago suspende durante un máximo dun ano as licenzas para novas tendas de souvenirs e outros negocios turísticos, así como transformar baixos en vivendas na cidade histórica. O goberno local vén de anunciar a aprobación da medida como primeiro paso para modificar a normativa urbanística co obxectivo de "fomentar o comercio de proximidade e fixar poboación", en verbas da alcaldesa, Goretti Sanmartín, no marco dun acto para facer balance do primeiro ano de mandato municipal. Da suspensión fican fóra comercios de proximidade ou locais xa dedicados á hostalería, entre outros usos. Máis información, hoxe en Praza.gal.
- AMPLIAMOS 👉 O goberno de Santiago frea as tendas de recordos para dar aire ao comercio tradicional
- Sen 'indulto' aos centos de pisos turísticos irregulares en Santiago: "É unha aposta polo interese xeral"
- HEMEROTECA | "Dereito a gozar e obriga de coidar": Santiago pide "boas prácticas" ao turismo nunha "alfaia delicada"
