O PPdeG envía a Baltar ao Senado unha semana despois de deixar a presidencia da Deputación de Ourense. José Manuel Baltar é elixido polo PPdeG para ocupar unha das súas dúas prazas por designación do Parlamento de Galicia. A outra será para o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. A terceira praza corresponde ao BNG. O presidente do PP de Ourense segue pendente de xuízo polo seu exceso de velocidade aos mandos dun vehículo oficial da Deputación e cando se converta en membro da Cámara Alta gozará do correspondente aforamento, o que implica que só pode ser xulgado polo Tribunal Supremo, de ser o caso.
- O PPdeG terá 14 dos 19 representantes de Galicia no Senado
- Principia o posbaltarismo trinta e tres anos e medio despois
- Feijóo pecha o seu ano de senador polo Parlamento galego con cinco iniciativas, ningunha sobre Galicia
- HEMEROTECA | A dinastía Baltar declina e inxecta na dereita galega doses de incerteza descoñecidas dende Fraga