O Goberno de España insta a Feijóo a "preocuparse menos do acceso privado do seu chalé á praia" e "aplicar a Lei de Vivenda" nas autonomías do PP como Galicia "para que baixen os alugueiros". O ministro para a Transformación Dixital, Óscar López, pronunciouse deste xeito na Coruña sobre a concesión solicitada pola parella do ex-presidente e actual líder do PP ata 2037 para o acceso á praia do seu chalé en Moaña, que Costas quere recuperar para uso público. López viaxou á cidade co gallo do inicio dos traballos da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) na Casa da Veeduría, sede provisional da institución ata o acondicionamento do edificio da Terraza. Vídeo de RTVE divulgado polo ministro a través das redes sociais.
- O PSdeG alegará contra a concesión pedida pola parella de Feijóo dun terreo público en Moaña
- A parella de Feijóo pide unha concesión ata 2037 do acceso á praia do seu chalé en Moaña
- Costas quere recuperar para uso público o acceso á praia do chalé da parella de Feijóo en Moaña
- HEMEROTECA | A Xunta ratifica o "non" a intervir nos alugueiros coa lei de vivenda da man dos demais gobernos do PP