A Xunta publica o reparto das súas axudas a empresas editoras de medios de comunicación, preto de dous millóns de euros neste 2024.

A Xunta publica o reparto das súas axudas a empresas editoras de medios de comunicación, preto de dous millóns de euros neste 2024.
Marcial Dorado aínda vive na mansión da Illa de Arousa que o Estado lle incautou hai nove anos. Narcodiario revela en infoLibre que, malia ser propiedade do Plan Nacional sobre Drogas, a casa do Lagartiño continúa sendo gozada polo narco que compartiu amizade con Feijóo cando o ex-presidente dirixía o Sergas. Mediante sucesivos litixios vén eludindo as ordes de desaloxo imprescindibles para que a propiedade sexa poxada, como está sucedendo con moitos outros dos seus bens. Na imaxe, Dorado entrevistado en laSexta en 2020.
O USB-C é dende hoxe, 28 de decembro de 2024, o cargador estándar para todos os aparellos electrónicos na Unión Europea. Os dispositivos como teléfonos móbiles, tabletas, cámaras, auriculares ou consolas que sexan vendidos dende hoxe deben ofrecer esta solución de carga única e o requisito estenderase aos ordenadores portátiles dende o 28 de abril de 2026. O obxectivo da nova norma é que todos os cargadores sirvan para cargar todos os aparellos con independencia da súa marca, reducir a fragmentación do mercado neste eido e, ao tempo, minorar o impacto ambiental dos refugallos electrónicos. [Imaxe: © Comisión Europea]
Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco baten o récord de asistentes ao mesmo espectáculo no Teatro Colón da Coruña, con 25.600 persoas dende 2018. A alcaldesa da cidade, Inés Rey, entrega aos actores un distintivo conmemorativo deste "fito histórico para a comedia e cultura na cidade" no inicio da xeira de oito pases de Somos criminais e punto final, que representan no Colón dende este venres e ata o luns con todas as entradas esgotadas, a primeira vez que sucede neste teatro. [Imaxe: © Concello da Coruña]
Abre ao tráfico entre Vilaboa e A Ermida o primeiro treito da autovía A-57, concibida como "futura circunvalación de Pontevedra" e, nalgúns plans do Estado, tamén como eventual vía paralela á AP-9 da Coruña ao Porriño. O treito inaugurado este venres ten 7,7 quilómetros e custou 94 millóns de euros. A proxectada circunvalación completa da cidade ten outros dous tramos (Curro-Pilarteiros e Pilarteiros-A Ermida) aínda pendentes, ata chegar aos 21 quilómetros dunha obra que suscitou diversas protestas polo seu impacto na contorna. [Imaxe: Delegación do Goberno de España en Galicia]
Cantareira, escollida Palabra do Ano 2024 na votación organizada pola Real Academia Galega e o Portal das Palabras. A escolla, destacan, vira en "chamada colectiva a ollar con ilusión cara ao futuro cando está a piques de comezar un novo período de doce meses no Galicia enteira lles ha render homenaxe ás mulleres que ao longo dos séculos mantiveron vivo, transmitiron e arrequeceron o cancioneiro popular e o idioma do país". A opción gañadora obtivo o 25% os votos, dous puntos máis que meu/miña.
Unanimidade no Concello de Ferrol para que a Avenida do Mar pase a chamarse Avenida do Mar Rafael Pillado, en lembranza do histórico sindicalista e loitador antifranquista falecido en 2023 a causa do cancro que lle provocou a exposición ao amianto nas catro décadas nas que traballou nos estaleiros da Bazán. A familia, as asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, a Asociación Veciñal de Caranza e mais a Asociación Galega das Vítimas do Amianto, promotoras da distinción, agradecen un recoñecemento que, din, servirá "para lembrar a vida de coherencia e compromiso de Rafael Pillado e das persoas que, como el, loitaron por acadar e consolidar o estado de benestar e humanizar o progreso". Imaxe divulgada polas asociacións promotoras
Narcodiario analiza en infoLibre a evolución dos principais nomes ligados a casos de narcotráfico en Galicia nos 80 e 90, dos Charlíns a Sito Miñanco ou Marcial Dorado. "Uns continúan no negocio dende un segundo plano, un bo número conseguiu infiltrarse nas canles lícitas con cartos da droga", resume. [Imaxe: © Narcodiario]
No Día de Nadal Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Volvemos o xoves, boas festas!
O belén de Momán (Xermade) denuncia un ano máis o xenocidio exercido por Israel contra o pobo palestino, representando a Virxe María co neno Xesús morto nos seus brazos e, á beira, unha nai palestina co seu fillo morto en brazos, acompañados dun cartel coa mensaxe "Xesús era palestino". A instalación realizada polo cura da parroquia, Luís Rodríguez Patiño, denuncia tamén os desafiuzamentos, as fake news ou a "xustiza prostituída".