Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco baten o récord de asistentes ao mesmo espectáculo no Teatro Colón da Coruña, con 25.600 persoas dende 2018. A alcaldesa da cidade, Inés Rey, entrega aos actores un distintivo conmemorativo deste "fito histórico para a comedia e cultura na cidade" no inicio da xeira de oito pases de Somos criminais e punto final, que representan no Colón dende este venres e ata o luns con todas as entradas esgotadas, a primeira vez que sucede neste teatro. [Imaxe: © Concello da Coruña]
- HEMEROTECA | Carlos Blanco e Touriñán regalan 'Somos Criminais' a todas as residencias de maiores de Galicia
- HEMEROTECA | O éxito de 'Somos Criminais' na súa emisión na rede "abre un camiño para outras compañías, para todo o teatro galego"
- HEMEROTECA | Xosé Antonio Touriñán: "Non hai nomes propios, a protagonista de 'Fariña' é Galicia, a nosa forma de ser"
- HEMEROTECA | Carlos Blanco: "Con este personaxe o que fago é xogar, que é a esencia do noso oficio"