Na mañá deste domingo celebrouse o popular sorteo da Lotaría do Nadal. Podes comprobar os números que obteñen premio na páxina web oficial de Loterías y Apuestas del Estado.
Fálase
A Xunta pon en servizo, con xestión privada, cinco dos centros para vítimas de violencia sexual que o Goberno de España impulsa en todo o Estado. Os centros, adxudicados a OHL e Eulen, debían estar abertos hai un ano, segundo a primeira data comprometida coa UE, de onde chegan os fondos.
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o presunto asasino de Rejane Soares, a quinta vítima mortal das violencias machistas en Galicia este ano. A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro investígao por un delito de asasinato. O acusado de matar supostamente a súa parella o pasado mércores no fogar que compartían en Viveiro cumprirá a privación de liberdade no hospital de Lugo ata que reciba a alta médica polas lesións que se provocou tras acabar coa vida da muller, para despois ser trasladado a un centro penitenciario. [📸 Concello de Viveiro]
Multa de 600 euros ao editor de La Región por dar unha puñada a Jácome. A Audiencia de Ourense condena a Óscar Outeiriño por un delito leve de lesións que tamén lle suporá 3.180 euros de indemnización e absólveo do delito de atentado á autoridade, ao considerar que non golpeou o alcalde ourensán "en represalia polas súas decisións e resolucións como alcalde", xa que ambos manteñen "desde hai anos unha acérrima inimizade". O tribunal, informa o TSXG, "tivo en conta a atenuante de reparación do dano, pois o investigado consignou a cantidade de 178,55 euros, con ofrecemento de pago". No xuízo, Outeiriño desculpouse e atribuíu o golpe a "provocacións" previas do líder de DO. [Imaxe: © Concello de Ourense]
- HEMEROTECA | Jácome substitúe as roldas de prensa por emisións dende o salón de plenos na súa televisión privada
- HEMEROTECA | O alcalde de Ourense denuncia o editor de La Región por unha presunta agresión ás portas do auditorio
- HEMEROTECA | Cuarta sentenza xudicial contra os intentos da Deputación de Ourense de pagar ao xornal La Región 2,7 millóns polo seu arquivo
O Ministerio de Traballo pacta con CCOO e UGT a redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais en 2025, substituíndo as 40 vixentes dende 1983. O acordo, que non conta co apoio da patronal CEOE, inclúe outras medidas en materia de desconexión dixital e máis garantías no rexistro horario do persoal. A súa entrada en vigor depende, en todo caso, de que o texto logre saír adiante no Congreso. [Imaxe: Ministerio de Traballo]
- HEMEROTECA | Non só tentar conciliar: o "dereito ao tempo" entra na axenda das eleccións europeas
- HEMEROTECA | Máis emprego, mellor repartido, mellor pagado: a axenda galega do Primeiro de Maio
- HEMEROTECA | Transporte gratuíto, redución da xornada laboral ou máis bolsas de estudo: todas as medidas anunciadas por Sánchez
O Goberno de España manterá os descontos no transporte público durante o primeiro semestre de 2025. Tras un pacto con Podemos, o Executivo resolve que as bonificacións, que inclúen os abonos ferroviarios de balde, continuarán sen cambios e non será cando menos ata o vindeiro xullo cando principien as mudanzas para concentralos só nalgúns colectivos de persoas usuarias. O acordo inclúe tamén a prórroga para frear desafiuzamentos a persoas vulnerables durante todo 2025
As principais institucións galegas acollen minutos de silencio como repulsa ao asasinato machista deste mércores en Viveiro. O movemento feminista ultima mobilizacións para o serán deste venres en diversas vilas e cidades. Na imaxe, concentración deste mediodía ante a subdelegación do Goberno de España en Lugo.
O Real Decreto de comedores escolares instará a todos os centros a ofrecer froita e verdura a diario e prohibirá as bebidas azucradas para previr a obesidade infantil. O ministro de Consumo, Pablo Bustinduy, avanzou detalles da norma durante a presentación do Estudo Aladino 2023, que entre outros aspectos salienta que a obesidade entre as nenas e nenos descende, pero segue atinxindo "a máis dun terzo" da poboación escolar, cunha situación "especialmente preocupante" nas familias de menor renda, nas que "o exceso de peso infantil afecta a case á metade" das crianzas. Na imaxe, froita nun comedor escolar da Coruña, nunha fotografía de arquivo.
- HEMEROTECA | O abuso das bebidas enerxéticas entre a mocidade: un problema crecente e con impacto na saúde
- HEMEROTECA | A obesidade afecta case un cuarto da poboación adulta en Galicia, onde o 62% ten exceso de peso
- HEMEROTECA | A Xunta promove que o seu persoal evite a bolería industrial tras mofarse o PP do ministro Garzón por limitar a súa publicidade
- HEMEROTECA | Catering nos comedores escolares: os contratos non garanten a calidade
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou este mércores no pleno do Parlamento europeo as "negativas consecuencias" que terá a instalación da macrocelulosa Altri en Palas de Rei sobre o sector agrario e gandeiro galego. "Iso si que provoca malestar. O malestar de 100.000 persoas que saíron as rúas para dicir Altri Non”, subliñou.
Investigan como presunto crime machista o asasinato dunha muller en Covas (Viveiro) este mércores, segundo confirman a Praza.gal fontes próximas á investigación. A Policía segue coas pesquisas e El Progreso avanza que xa detivo ao suposto asasino, que foi trasladado ao Hospital da Mariña. De confirmarse como feminicidio, sería a vítima 46 da violencia de xénero no Estado. [📸 Turismo de Galicia]