Abre ao tráfico entre Vilaboa e A Ermida o primeiro treito da autovía A-57, concibida como "futura circunvalación de Pontevedra" e, nalgúns plans do Estado, tamén como eventual vía paralela á AP-9 da Coruña ao Porriño. O treito inaugurado este venres ten 7,7 quilómetros e custou 94 millóns de euros. A proxectada circunvalación completa da cidade ten outros dous tramos (Curro-Pilarteiros e Pilarteiros-A Ermida) aínda pendentes, ata chegar aos 21 quilómetros dunha obra que suscitou diversas protestas polo seu impacto na contorna. [Imaxe: Delegación do Goberno de España en Galicia]
