Cantareira, escollida Palabra do Ano 2024 na votación organizada pola Real Academia Galega e o Portal das Palabras. A escolla, destacan, vira en "chamada colectiva a ollar con ilusión cara ao futuro cando está a piques de comezar un novo período de doce meses no Galicia enteira lles ha render homenaxe ás mulleres que ao longo dos séculos mantiveron vivo, transmitiron e arrequeceron o cancioneiro popular e o idioma do país". A opción gañadora obtivo o 25% os votos, dous puntos máis que meu/miña.
- AMPLIAMOS 👉 Cantareira: a palabra do ano anticipa un 2025 de honra ás mulleres que "arrequeceron o cancioneiro e o idioma"
- Aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu/miña, candidatas a ser Palabra do Ano 2024
- A poesía popular oral e as cantareiras que "arrequentaron e transmitiron” a tradición ás novas xeracións, protagonistas das Letras 2025