Unanimidade no Concello de Ferrol para que a Avenida do Mar pase a chamarse Avenida do Mar Rafael Pillado, en lembranza do histórico sindicalista e loitador antifranquista falecido en 2023 a causa do cancro que lle provocou a exposición ao amianto nas catro décadas nas que traballou nos estaleiros da Bazán. A familia, as asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, a Asociación Veciñal de Caranza e mais a Asociación Galega das Vítimas do Amianto, promotoras da distinción, agradecen un recoñecemento que, din, servirá "para lembrar a vida de coherencia e compromiso de Rafael Pillado e das persoas que, como el, loitaron por acadar e consolidar o estado de benestar e humanizar o progreso". Imaxe divulgada polas asociacións promotoras
- HEMEROTECA | Ferrol mantén prendido o "orgullo" da loita antifranquista nun 10 de marzo que tamén lembrou a Rafael Pillado
- HEMEROTECA | Rafael Pillado, vida de loita fronte ao franquismo, o silencio e a morte
- HEMEROTECA | Os imprescindibles (en recordo de Rafael Pillado)
- HEMEROTECA | Rafael Pillado: "Non quero morrer en silencio, a mellor defensa dunha persoa enferma de amianto é que se saiba"