Pedro Sánchez retruca ás esixencias de dimisión de Feijóo polas revelacións sobre Cerdán e Ábalos acusando o PP de ser unha "enciclopedia de corrupción". Nunha tensa sesión de control no Congreso, o presidente do Goberno de España afeou tamén ao ex-titular da Xunta que o seu sucesor, Alfonso Rueda, non actuase contra Alfonso Villares tras coñecer que fora denunciado por agresión sexual e que o ex-conselleiro permanecese no cargo durante os meses seguintes, ata que foi citado como investigado. [Imaxe: © Congreso]
- Sánchez di que gobernará "ata que a maioría democrática o queira" fronte "á peor alternativa" de Feijóo e Abascal
- A Garda Civil sinala un contrato do tren Monforte-Lugo entre os indicios de corrupción do asesor de Ábalos
- Investigado por corrupción, o 'número 3' do PSOE dimite e súmase ás frontes xudiciais que asedian a Sánchez
