A Asemblea Xeral da ONU aproba por amplísima maioría outorgar a Palestina máis dereitos de participación e pedir ao Consello de Seguridade que "reconsidere" a súa integración plena na organización. O resultado foi de 143 votos a prol -entre eles, o do Goberno de España- fronte a 9 en contra -entre eles, os EUA, Israel, Hungría ou Arxentina- e 25 abstencións. Durante a sesión, o embaixador israelí equiparou a decisión con "promover o establecemento dun estado terrorista" e pasou por unha trituradora de papel unha copia da Carta das Nacións Unidas [Imaxe: © ONU]
- As universidades galegas comezan a mobilizarse en solidariedade con Palestina
- A solidariedade galega con Palestina non cesa, agora cunha campaña viral que leva a protesta ao espazo público
- "A resistencia en Gaza é o único que queda porque non teñen armas, nin exército, nin apoio político ou económico"
- "De Gaza non se pode escapar, está pechada a cal e canto por Israel"