O Sindicato Labrego Galego denuncia que Cobre San Rafael formulou unha reclamación ante a Valedora do Pobo en contra da aprobación parcial de acceso á información relativa ao expediente de declaración como Proxecto Industrial Estratéxico do plan para a reapertura da mina de Touro-O Pino, emitido pola Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético en decembro. "Estamos ante unha empresa que pretende campar ás súas anchas, tanto que non está disposta a permitir que a Administración pública faga nin unha mínima acción que poida prexudicar os seus intereses, nin sequera nalgo tan básico como respectar a lexislación de acceso á información pública", critica Margarida Prieto do SLG. [📸 Terreos da antiga explotación mineira en Touro © Adega]
- HEMEROTECA | A Xunta impulsa o novo proxecto da mina de Touro tres anos despois de frear o orixinal polo seu impacto
- HEMEROTECA | Punto e final ao megaproxecto mineiro en Touro tras catro anos de loita social
- HEMEROTECA | A Xunta certifica que todos os ríos na contorna da mina de Touro están xa contaminados
