BNG e PSdeG pedirán que comparezan a parella de Ayuso e o cuñado de Feijóo na investigación do Parlamento sobre os contratos da Xunta, pero o PP pode vetalos. A axencia Europa Press conta na súa web que a oposición formalizará o vindeiro luns as súas peticións de comparecencias. O presidente Rueda xa avanzou que acudirá se é citado, pero a maioría absoluta do PP controlará as comparecencias, o funcionamento e as conclusións da comisón. Na foto, Rueda e Ayuso este venres nunha homenaxe no Porriño ao arquitecto Antonio Palacios, nunha imaxe da Deputación de Pontevedra.
