A maxistrada Sandra Piñeiro, nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, asume o cargo poñendo o foco no feminismo e no uso do galego. Piñeiro, ata agora titular do xulgado de instrución número 2 da capital lucense, advirte de que o seu "perfil feminista" implica levar ao posto "unha defensa activa da igualdade e dos dereitos humanos" e potenciar "o emprego da nosa lingua" é tanto como "garantir os dereitos da cidadanía" cunha "visión progresista" e "con conciencia social" e "sempre dentro do marco do Dereito e da independencia". Sandra Piñeiro leva vinte anos na carreira xudicial e ascendeu a maxistrada en 2012. [Imaxe: © TSXG]
- HEMEROTECA | O sistema electoral dispara ao 100% o dominio conservador nas eleccións do Tribunal Superior de Xustiza
- HEMEROTECA | A especialidade xudicial en violencia de xénero pon o foco no "sometemento" da muller polo "heteropatriarcado"
- HEMEROTECA | "Os poderes xa non poden obviar o feminismo": o 8M desde a óptica das xuízas
