A Fiscalía de Madrid solicita o arquivo da denuncia contra Begoña Gómez presentada por Manos Limpias, segundo adianta o diario El País. A entidade de ultradereita xa recoñeceu na mañá deste xoves que poden estar baseados en datos falsos. [Fotografía de arquivo © Pool Moncloa]
Fálase
Pedro Sánchez di meditar a súa dimisión ante o "acoso" á súa muller, á que un xulgado vén de abrir dilixencias previas por suposta corrupción tras unha denuncia da organización ultradereitista Manos Limpias. "Cancelarei a miña axenda pública uns días para poder reflexionar e decidir que camiño tomar", di nunha carta aberta á cidadanía. Na imaxe, de Pool Moncloa/Fernando Calvo, Sánchez coa súa muller, Begoña Gómez.
A Plataforma Ulloa Viva convoca a primeira manifestación contra Altri. Será o 26 de maio en Palas de Rei. A entidade agradece o apoio amosado nas últimas semanas por cidadanía e entidades sociais de toda Galicia e convoca á poboación a rexeitar o proxecto na propia comarca.
O Senado autoriza o Supremo a xulgar a Baltar por conducir o coche oficial da Deputación de Ourense a 215 por hora cando era presidente. Cos votos a prol do PP, que ten maioría absoluta, nesta Cámara, a decisión supón suspender o aforamento do agora senador por designación do Parlamento de Galicia, o que permite á xuíza do caso enviar a Baltar a xuízo por un delito contra a seguridade viaria.
- O PSOE de Ourense denuncia que a negativa da Deputación a identificar a Baltar nunha multa de radar custou 1.200 euros
- HEMEROTECA | Baltar nega ante o Supremo que conducise a 215 km/h e atribúe as acusacións a unha "campaña"
- HEMEROTECA | Baltar logra non ser xulgado ata despois das eleccións por delito contra a seguridade viaria por ir a 215 km/h
A vicepresidenta Teresa Ribera, cabeza de cartel do PSOE para as eleccións europeas do 9 de xuño. Os socialistas confirman a candidatura da ministra para a Transición Ecolóxica e destacan que é responsable de "fitos" como "a solución ibérica" no mercado eléctrico, "a primeira lei de cambio climático ou o liderado na UE para aprobar na COP29 o acordo que pon fin aos combustibles fósiles". No horizonte, a posibilidade de que Ribera opte a un posto de relevancia na vindeira Comisión Europea. Na imaxe, Ribera con Pedro Sánchez no peche da campaña do PSOE para as eleccións xerais do pasado 2023 [CC BY-NC-ND PSOE]
Un estudo de Esade constata un pagamento xeneralizado de cotas no ensino privado-concertado, en todo o Estado aínda que por causas dispares. O traballo non ofrece datos específicos de Galicia, onde segundo outro estudo máis do 80% destes centros cobra cotas malia ser ilegal.
- HEMEROTECA | Oito de cada dez colexios concertados en Galicia cobra ás familias cotas prohibidas por lei
- HEMEROTECA | Os cobros a familias en escolas concertadas malia ao veto legal: "Ninguén me dá opción a non pagar"
- HEMEROTECA | O 67% dos ingresos do ensino privado en Galicia son subvencións públicas, dez puntos por riba da media
- HEMEROTECA | A Xunta destina 1.900 millóns a concertos coa escola privada ata 2029 e asume que é ilegal subvencionar os que segregan
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a nova estrutura orgánica da Xunta e os nomeamentos e cesamentos aprobados no Consello deste luns, que aínda irán seguidos dalgún nomeamento máis a vindeira semana, segundo avanzou o presidente Rueda.
O Parlamento pide cos votos do PP e DO que o Goberno de España "suprimir a obrigatoriedade de rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo", fixada por un decreto de hai tres anos. No transcurso do debate, o deputado do PP Silvestre José Balseiros -na imaxe- sentenciou que "non é fácil de entender" que "nun país no que se liberan presos etarras e violadores e non se condena os que atentaron contra a unidade de España haxa que rexistrar as galiñas". BNG e PSdeG abstivéronse e lembraron, entre outros aspectos, que esta obriga deriva dunha norma europea e reprochan que o Goberno do PP non centrase os seus esforzos en informar a poboación afectada.
O Dépor celebra na Praza de María Pita o ascenso do equipo á máxima categoría do fútbol feminino, a Liga F. Na celebración, a alcaldesa Inés Rey destacou que “hoxe o orgullo da Coruña volve ser o orgullo das súas talentosas mulleres”, lembrando o camiño aberto hai un século por Irene González Basanta.
"Non foron unhas declaracións afortunadas", di Rueda da afirmación da nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, de que os incendios intencionados van "no ADN de Galicia". BNG e PSdeG pediron o pasado venres "prudencia" e "desculpas" e o presidente asegura que xa o comentou coa conselleira pero insiste en que "hai unha enorme intencionalidade, outra cousa é que se poida demostrar".