Persoal da CRTVG principia a nova xornada de folga manifestándose ante Rueda no acto de apertura da campaña do 28M do PP en Santiago. Xunto ao novo día de paro, cadrando co inicio da campaña, os medios públicos afrontan tamén varias demandas xudiciais por "traslados forzosos" e "represalias" ao persoal. O máis destacado do día de folga na CRTVG, hoxe en Praza.gal. [Imaxe: CIG CRTVG]
Fálase
Rueda informa de que Baltar finalmente compareceu este xoves no seu xuízo por delito contra a seguridade viaria e di que “é bo e procedía”. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León informaran inicialmente de que Baltar non acudira e de que o xulgado fixaría unha nova data “reservándose a posibilidade de impoñer as sancións que correspondan”. Máis información, hoxe en Praza.gal
Baltar esquiva por terceira vez o xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria e o xulgado da Pobra de Seabra advírteo de posibles sancións. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León informan de que o procurador que actúa no nome do presidente da Deputación de Ourense e do PP nesa provincia enviou "un novo escrito solicitando a suspensión" da segunda cita fixada para a vista pola súa condución a 215 km/h no coche oficial e "manifestando a súa vontade de non comparecer" hoxe, polo que o xuízo "non se puido celebrar". "O xulgado volverá efectuar un novo sinalamento, reservándose a posibilidade de impoñer as sancións que correspondan", agrega. Previamente, presentara unha solicitude de adiamento e, ao non ser atendida, forzou a suspensión ao non acudir o seu avogado. Nesta terceira volta, esquívao a través do procurador. Máis información, hoxe en Praza.gal
Feijóo reclama desafiuzar en 24 horas as persoas que sexan denunciadas como ocupantes ilegais e que demostren a posteriori se son ou non residentes legais. O ex-presidente e actual líder do PP vai alén na súa campaña ao respecto reclamando "un procedemento" segundo o cal "hai que inverter a carga da proba". Na imaxe, Feijóo con Rueda nun mitin no Pino o pasado abril.
- A Xunta de Feijóo reduciu a cero a nova vivenda pública de alugueiro malia aos milleiros de peticións pendentes
- HEMEROTECA | O PP promete para os concellos oficinas 'antiocupacións' como a que pagou na Xunta, con 30 consultas nun ano
- HEMEROTECA | 2022 rematou con quince desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia
O xornalista cultural e escritor Camilo Franco dirixirá a décimo sexta edición da Culturgal, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro cunha posta en escena renovada en Pontevedra. A feira manterá a súa esencia como escaparate das culturas galegas diante do público, co obxectivo de ampliar audiencias e, sen perder isto de vista, atenderá tanto ás principais manifestación das diferentes disciplinas da cultura galega, como a pór en marcha iniciativas que permitan a visibilidade das novas expresións. [Fotografía de Manu Suárez/La diapo]
Baiuca versiona o coñecido tema de Leilía "Verde - Gaio" e convérteo en "Vai tu", unha canción que xa puideron escoitar quen asistiu aos concertos da súa xira Embruxo, e que agora está dispoñible nas plataformas dixitais. O músico e produtor de Catoira mantén as voces orixinais das Leilía e mestura os sons da música tradicional co indie dance ou o acid house para conseguir ese son da folktrónica que o caracteriza. A portada é unha obra orixinal do artista plástico Nicasio Torres.
Feijóo proclama a súa intención de derrogar diversas leis aprobadas polo Congreso na presente lexislatura estatal se chegase a gobernar en España porque, defende, son "imposicións dunha minoría" e, ao xuízo do ex-presidente e actual líder do PP, carecen de "apoio social". A lexislación que sae adiante nas Cortes Xerais precisa de máis votos favorables que negativos en todo caso e, nas leis orgánicas, de maioría absoluta. Na imaxe, Feijóo con Rueda nun acto do PP o pasado 29 de abril no Pino.
- HEMEROTECA (2018) | Feijóo carga contra o sistema parlamentario vixente porque "é igual gañar que perder"
- HEMEROTECA (novembro 2022) | Feijóo formulou catro iniciativas en medio ano como senador polo Parlamento, ningunha sobre Galicia
Nova cita para o xuízo rápido a Baltar por conducir a 215 km/h o coche oficial. A xuíza da Pobra de Seabra desbota os recursos formulados polo avogado do presidente da Deputación e do PP de Ourense, "nos que solicitaba a suspensión do sinalamento e a nulidade das actuacións", e cítao para este xoves ás 9 da mañá "de maneira presencial ou telemática", segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León.
O PP di que os usuarios valoraron cun 7 a puntualidade dos buses no último ano, o que supón un empeoramento a respecto do 7,5 que publicitou a Xunta hai un ano. O portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, defende a calidade do servizo en función das “máis de mil enquisas que se realizaron ao longo do último ano”, mentres que en xuño do pasado ano a propia Xunta divulgara resultados mellores con 13.000 enquisas.
O Constitucional avala a lei do aborto do Goberno de Zapatero trece anos despois. A norma foi apoiada por unha maioría de sete maxistrados fronte a catro.
- Saúde menstrual, interrupción do embarazo e violencias reprodutivas: as claves da nova lei de saúde sexual
- Feijóo di ver "correcta" a lei do aborto agora avalada polo Constitucional, cuxa derrogación apoiou dende a Xunta
- Feijóo foi pioneiro en protexer por lei as teses antiabortistas: 13 anos de abeiro da Xunta á 'Red Madre'