A RAG presenta á Xunta o seu proxecto dunha fundación pro Academia que capte fondos privados para a institución. Fíxoo o seu presidente, Henrique Monteagudo, na reunión que mantivo con Alfonso Rueda e outros membros do Goberno galego en San Caetano, segundo indica o propio Executivo.
