Israel asalta o barco da Flotilla da Liberdade en augas internacionais e retén a toda a tripulación no seu territorio. O buque Madleen, onde viaxaban activistas como Greta Thunberg ou o español Sergio Toribio, así como a eurodeputada Rima Hassan, dirixíase a Gaza con alimentos e medicinas para a poboación palestina. [📸 A última imaxe da tripulación no barco, difundida nas redes sociais por @RimaHas]
