Un colectivo chamado Hablamos Español, no que se integra a antigamente autodenominada Galicia Bilingüe, gábase de escribir "La Coruña" ás portas do local do BNG na Coruña. "Grazas por retratarvos como o que sodes. Por certo, pasarémosvos a factura da pintura, fenómenos", responde a a través das redes sociais a formación soberanista á mesma organización que tentou, sen éxito, frear nos tribunais a ordenanza municipal de uso do galego na cidade.
