A alcaldesa da Coruña propón recuperar a bandeira da cidade. Nun vídeo divulgado a través das redes sociais, Inés Rey sinala que "as branquiazuis cores de Galicia foron antes as da Coruña" ata que "hai 135 anos, unha variación da nosa bandeira marítima creou a actual bandeira do país, da que nos sentimos orgullosos". "Iso -agrega- deixounos" sen a bandeira "propia da nosa capital". "Sen saír da mesma raíz, e se a recuperamos?", suxire.