Cinco persoas serán xulgadas polo asasinato de Samuel Luiz na Coruña en 2021. O xulgado que investigou o caso finaliza a instrución considerando que hai "indicios dabondo" para sentar no banco a estas cinco persoas, en dúas das cales aprecia ademais "agravante de discriminación por condición sexual", segundo informa o TSXG. Outro dos imputados será tamén xulgado por roubo con violencia. Tres dos acusados están en prisión provisional e así continuarán e os outros dous, en liberdade. Os outros dous implicados no asasinato, menores no momento dos feitos, xa están a cumprir condena. Na imaxe, [CC BY-SA Praza.gal], lembranzas para Samuel no lugar onde o mataron.
